Sunday 05 de May de 2024

Un verdadeiro ‘agasallo’ para os nenos e nenas de Ordes


‘Preséntame un agasallo’ foi o título do espectáculo de clown que o Concello de Ordes ofreceu onte dentro do seu programa ‘Unha viaxe pola cultura’. E a xulgar polo ambiente de diversión e pola emoción dos nenos e nenas que, por centos, se congregaron onte na Alameda ordense de auténtico agasallo para os sentidos foi a dita actuación. Sobre todo no momento no que todo o escenario e a zona de butacas se encheron de pompas de xabón.